Lontreira

Lontreira тексты песен

Исполнитель   ·  2 437 слушателей в месяц

Альбомы исполнителя

Похожие исполнители

Verto

Исполнитель

Berto

Исполнитель


Биография

Somos amantes da música dende que temos recordo. Dende antes de divisar as primeiras luces do que hoxe chamamos mundo. Deixamos que estilos como o metal ou a música latina influisen nas nosas músicas a día de hoxe, o que misturado co tradicional da cultura dos nosos pobos resulta nunha bomba de emocións. Conseguimos unir todas esas influencias para crear sons sinestésicos e electrónicos que conxuntamos con interludios poéticos que nos definen. Somos tres lontras cun soño en común: expresar. Héctor é de Moaña e vive rodeado de natureza. Cando era pequeno insistiu en aprender a tocar o piano e a súa nai conseguiu metelo na escola de música. O verán pasado descubriu que o estilo que todo o mundo busca é tan relativo que cando o atopas igual nin lle podes poñer nome. Non deixa de investigar e estudar, e agora mesmo a producción musical é o tema que rodea a súa vida. Ás cordas únese Iván Barral (Meis), quen de pequeno quixo cambiar o seu scalextric por unha guitarra coa que tocar e aprendeu por el mesmo porque lle daba vergoña ir a clases sen saber nada. Tras un longo recorrido por puntos grupos de metal ou versións, chegou a unha lontreira maravillosa que o acolleu cos brazos ben abertos. Adriana é da Illa de Arousa. O seu traballo é expresar en forma de melodía e de poemas que non poderían casar mellor co don das demáis lontras. Dende pequena afirma ver poesía en todo. Viaxa en segredo en busca de inspiración e a fusión de todo o recopilado deriva nunha apnea colectiva.