Måi

Måi тексты песен

Исполнитель   ·  258 слушателей в месяц

Альбомы исполнителя

Похожие исполнители


Биография

Iseo Agilda invocou a måi varios anos antes de que, grazas a Tomás Ageitos na produción, puidese atopar o camiño para sacala á luz en maio de 2022, cos chelos de Margarida Mariño, que a fan encarnar en plenitude. Hai algo de proceso ritual nestes temas. As percusións e os ritmos tradicionais aferran a terra para poder chegar lonxe cunha voz sen peso. Os chelos son o fío que a manteñen ligada. A electrónica é un elemento tan natural como o parche ou a corda. Non hai fidelidade a tradición ningunha, non hai relixión. Pero si hai religamento e o uso libre daquilo que nos fai ser quen somos para atopar un certo sentido de pertenza que todo o abarca. måi é un canto á vida, ao fío que a tece, para, por un intre, ser ela.