Kishore Kumar Hits

Acouga - Escapar текст песни

Исполнитель: Acouga

альбом: Escapar


Escapei con tanto medo
Que non botei a vista atrás
Deixei de lado todo
Por non remar
Nunha barca camiño á morte
Dirixida por quen ouve
Unha nao de soños rotos
Que me morden
Podería ser
Que o que pensase estivese mal
Que as palabras ditas as levase o mar
Podería ser que as mentiras fosen de verdade
Podería ser que non exista a moral
Porque son o que son
E a min non renunciarei
Podería ser eu tanto
Mais tanto ten
Mais tanto ten se podo
Ser o que quero ser
Podería ser eu tanto
Mais tanto ten
Mais tanto ten se podo
Ser o que quero ser
Porque son o que son
E a min non renunciarei
Ver atrás, coas bágoas nos ollos
Movido polos recordos
Decatarme de que agora nada ten sentido
Pero non quedarei
Arrepentido
Porque a vida me dea
Algo distinto
Resignarme a ver
Detrás das portas
Buscando un porqué
E achar espellos
Que me reflicten
E non saber quen é
Quen escapa de quen é
Podería ser eu tanto
Mais tanto ten
Mais tanto ten se podo
Ser o que quero ser
Podería ser eu tanto
Mais tanto ten
Mais tanto ten se podo
Ser o que quero ser
Porque son o que son
E a min non renunciarei
A min non renunciarei
Podería ser eu tanto
Mais tanto ten
Mais tanto ten se podo
Ser o que quero ser
O que quero ser

Поcмотреть все песни артиста

Другие альбомы исполнителя

Похожие исполнители