Amorodo e mais o TIAM Mr.Mati está no beat, yeah Ao abordaxe veteranos e novatos Neste barco non hai camarotes para ratos Con cen canóns por banda atacan Da marea da ilusión só nos quedou a resaca Temos fibra de aceiro nervios sensibles Máis cerca da pateira que do dirixible Somos a raiba contida durante toda historia Herdeiros de Rosalía e Moncho Reboiras Non me preocupa Que me ocupen a quinta mansión Básicamente porque non a teño Outro desaloxo outra ocupación Seguide difamando non cesamos o empeño Falcatruando un finde pasando o rato Catro vellos mariñeiros e un ghato nun saco Explosivos como un cóctel molotov Subversivos como a esencia do hip-hop En cada verso, en cada punchline Poderosos como Hakai Con cada desaloxo berrai Dez!Cen!Mil centros sociais! En cada verso, en cada punchline Poderosos como Hakai Con cada desaloxo berrai Dez!Cen!Mil centros sociais! Fiscais fascitas xulgando independistas Somos as artistas defensoras da razón O povo é quem máis ordena, hora de entrar en acción Grândola vila morena e derrubar esta prisión Cinco puntos de presión, estoupan corazóns Tardaba o show co Amorodo dende Arbo Estado de Flow, que lle den o Español! Comeza a revolución, a canción xa se entoou! Vimos con ritmos sinuosos, tremendo Tándem! Colaboran as que saben, o TIAM e o Xavi Deixamos constancia comezando na SGAE Subimos ao carro non hai quen nos baixe! Encaixe de pezas neste son que da vertixe Xa ninguén esixe que se acabe coa pobreza Agardando impacientes que un novo día amaneza Dar unha nova orixe, que sufra quen o mereza! Raiba con flow soa pura poesía Xuntounos o rap, crías da Galiza! Pensamentos e cultura plasmados na escrita Traballando con ganas pra que todo reviva É triste cando morres ó primeiro toque Nesta fronte, mantémonos a flote Loita decote pra fundirvos o buque Senón que, que? Terapia de choque! En cada verso, en cada punchline Poderosos como Hakai Con cada desaloxo berrai Dez!Cen!Mil centros sociais! En cada verso, en cada punchline Poderosos como Hakai Con cada desaloxo berrai Dez!Cen!Mil centros sociais!