Sinto que hai algo que non pode cambiar Preciso dunha forza, dun alento vital Sentín unha presión que non puiden soportar Preciso descubrir o que estou a buscar Preciso terte cerca, preciso mandalo todo a merda Preciso cartos, cariño, case dous planetas Preciso tempo pra escribirme letras Preciso outra, xa non me cabe nesta libreta Cartas dende a outra punta, do precipio Outro xoven que suspira, por atopar seu sitio Drogas, frustracións e vicios Vidas consumidas polo capitalismo Non soará ben, pero si que é real Os humildes, vencendo aos poderosos Como en Gamonal! Violencia silenciosa, pero que mata igual Que aplican, cortándoche a luz e o gas Nesta miña nova vida Que é a única que teño Non me van vencer preocupacións e medos Aínda que sei que vou telos Tamén gardo coma un tesouro O teu alento Co revólver no armario e Sen balas na recámara Míntome outra vez e digo Que xa nos chamarán A miña música é un pozo sen fondo pero Se non a fago me desfondo Sinto que hai algo que non pode cambiar Preciso dunha forza, dun alento vital Sentín unha presión que non puiden soportar Preciso descubrir o que estou a buscar Sentindo que o tempo voa, Que a vida é unha soa Que non vou ter tempo suficiente coas avoas Veñen novas, pero non veñen boas Era de espiñas, i eu aferreime a esa coroa Where I am? Onde estou? To be honest, I don't know Everywhere seems far from home Hai un burato de bala no meu corazón Antes quería todo, pero agora non Agora quero mans que suxeiten o meu puño Os días que eu non poida loitar Tecer fíos entre cada punta do mundo Facer un mundo máis sostible e non medrar Sen máis ansia que a de liberdade Que a de loitar pra darlle sentido a vida Como vivo tranquilo mentres persoas mendigan? Non desconecto mentres medran os suicidas Queres que saia de festa cada finde? Serei flipado, pero o meu non é tan simple Eu fico máis baleiro despois de desinhibirme Sinto amigo Eu xa pasei os quince Sinto que hai algo que non pode cambiar Preciso dunha forza, dun alento vital Sentín unha presión que non puiden soportar Preciso descubrir o que estou a buscar