Kishore Kumar Hits

Filloas - a morte vai comigo текст песни

Исполнитель: Filloas

альбом: Filloas


Non pedín nacer nin estar vivo
Pero mira aqui estou
Cósmico azar tróuxome contigo
E en verdade o agradezo
Desde que vivin, sempre maldecin
O día que me dixeron que isto ten un fin
Que ao morrer xa está que vai rematar
Que marcho pra un lugar no que ti non estás
Tratáse dunha broma cruel? A peor da historia?
Un remate para un gag, dun Deus da comedia?
A premisa e dar vida pra despois quitala
O universo estase a rirme na cara
Eu quero pasarme a vida en modo fácil
Non quero raiarme, quero ser inútil
Sexas bo ou malo, sempre vas pra o nicho
Eu paso de todo e cando sexa a espicho
A morte vai comigo a onde vou
... vai comigo a onde vou
Sei que es bo tipo
E comprometido
Dos que todo fano ben
Pero dime que che aporta
Ser tan correcto se a vida é tan curta
En verdade sei que facedes ben
Pois faivos moi felices dar o 100%
Mais entre vós hai quen se cre mellor
É tóxico da hostia ir de superior
Sodes xustos pero condescendientes
Pra alonxarvos dos que son mala xente
Os que especulan coa vida
E para gañar minten
Eses son felices porque o seu soño cumpliron
E logo cando morren non hai castigo divino
A vida que levas non evita o teu destino
... porque a morte vai contigo
A morte vai comigo a onde vou
... vai comigo a onde vou
Vai comigo, e tamén vai contigo
Vai comigo, e tamén vai contigo
Vai comigo, e tamén vai contigo
Vai comigo, e tamén vai contigo
Dime quen me vai vir ver
Cando xa non "esté"?
Dime quen me vai vir ver
Cando xa non "esté"?
Dime quen me vai vir ver
Cando xa non "esté"?
Dime quen me vai vir ver
Cando xa non "esté"?

Поcмотреть все песни артиста

Другие альбомы исполнителя

Похожие исполнители

Berto

Исполнитель