Kishore Kumar Hits

Filloas - verán текст песни

Исполнитель: Filloas

альбом: verán


Dis que che presta
Ir tomarlle un par de cervexas
De chill e non liarnos de festa
Mais rematamos na Malatesta
Estou seguro de que no ceo hai máis estrelas
Das que xa baleiramos na mesa
Mais bebemos coma se nos arderan
As mans ao coller as botellas
Noto como me arde no peito
Como ferve agora a rúa de San Pedro
Mais sabemos que de ti non me despego
Porque do teu amor tesme cego
Imos vellos para Ruta e o sabes
E sempre me levas ao Avante
Fasme vivir nun bucle constante
E descanso no traballo da finde
En verán
Foi cando nos liamos
Déixasme
Mais volves cada ano
Un de nós
Vai a acabar morrendo
Farto deste amor de verán
(Nossa, nossa Assim você me mata)
E sempre me volves a chamar
E disme de ir en coche para a praia
Sabes que non quero ir para alá
Pero se mo pides imos pra Noia
E sempre me volves a chamar
E boto por enriba ben de crema
Non hai tinta abondo pra tapar
Este corpo enfermo que non descansa
En verán
Foi cando nos liamos
Déixasme
Mais volves cada ano
Un de nós
Vai a acabar morrendo
Farto deste amor de verán
En verán
Foi cando nos liamos
Déixasme
Mais volves cada ano
Un de nós
Vai a acabar morrendo
Farto deste amor de verán
Non sei por que estando xunto a ti
Sinto botarte de menos
É como cando en Belvís
É de día e ves a lúa no ceo
Mais no DA-CA o entendín
Teño claro que hoxe mesmo te deixo
Dime como me afasto de ti
Cando ti es un sentimento
Se foses unha persoa
Todo sería distinto
Mais es un pensamento
Que me leva ao mal camiño
(Que me leva ao mal camiño)
En verán
(Que me leva ao mal camiño)
En verán
Foi cando nos liamos
Déixasme
Mais volves cada ano
Un de nós
Vai a acabar morrendo
Farto deste amor de verán

Поcмотреть все песни артиста

Другие альбомы исполнителя

Похожие исполнители

Berto

Исполнитель