Dende aquí vexo un camiño Que non sei adónde vai Polo mismo que n'o sei Quixera o poder andar Istreitiño sarpentea Antre prados i nabals I anda ó feito, aquí escondido Relumbrando máis alá Camiño, camiño branco Non sei para dónde vas Mais cada vez que te vexo Quixera poderte andar Mais sempre, sempre tentándome Co seu lindo crarear Que eu penso, non sei por que Nas vilas que correrá Que ojallá en ti me perdera Pra nunc amáis me atopar Mais ti vas indo, vas indo Sempre para donde vas Camiño, camiño branco Non sei para dónde vas Mais cada vez que te vexo Quixera poderte andar Nin fuxo, non, que anque fuxa Dun lugar a outro lugar De min mesma, naide, naide Naide me libertará Camiño, camiño branco Non sei para dónde vas Mais cada vez que te vexo Quixera poderte andar