Ás veces penso que todo sairá mal Aínda que o intento non podo parar Nunha noite fría só busco calor, Vivir na mentira para afastar a dor. Nada que me importe Nada polo que loitar. O espello non mente Vólvete a ollar. Saír correndo En calquera dirección Fuxir de un mesmo Nunca foi a solución. Agora afundo neste mar, No máis profundo hei afogar E só agardo poder ver Outra mentira que me obrigo aceptar Unha rutina da que non podo escapar. Cada novo día unha desilusión, Nesta partida sempre son o perdedor. Nada que me importe, Nada polo que loitar. O espello non mente, Vólvete a ollar. Saír correndo En calquera dirección Fuxir de un mesmo Nunca foi a solución. E agora afundo neste mar, No máis profundo hei afogar E só agardo poder ver A luz dun novo amencer.