Kishore Kumar Hits

Olga Brañas - A Festa Musical текст песни

Исполнитель: Olga Brañas

альбом: Pitusa Semifusa


Ven á festa,
Musical,
Ven á festa,
Musical.
Os instrumentos de corda
Son ben diferentes,
No mastro dunha viola
Cordas poden estar.
Nunha arpa ou nun piano
Cordas podes atopar,
E o seu son mainiño maino
Gustarache escoitar.
Pulsada ou percutida,
Fretada ou que máis dá,
Se os tocas con ledicia
Todos che gustarán.
Ven á festa,
Musical,
Ven á festa,
Musical.
Os instrumentos de vento
Soan co ar,
E cando soan con xeito
Farante bailar.
Lingüeta, cana ou boquilla,
Será para que poña-la boca
Non deixes neles saliva,
Que logo limpala toca.
De madeira ou de metal,
Se soan ben, que máis che dá!
Acordeón ou berimbao,
Sopra, sopra, pra tocar.
Ven á festa,
Musical,
Ven á festa,
Musical.
Se pensas no ritmo
Lembra a percusión,
E toca con tino,
E toca o tambor.
Madeira, parche ou metal,
Se bailas, que máis che dá!
Algúns as notas dan,
Do, re, mi ou ta ca tá.
Toca coas baquetas,
Ou coas mans descubertas,
Así soa a percusión,
Escoita ben o seu son.
Ven á festa,
Musical,
Ven á festa,
Musical.
Ven á festa,
Musical,
Ven á festa,
Ven bailar.

Поcмотреть все песни артиста

Другие альбомы исполнителя

Похожие исполнители

Uxía

Исполнитель

SES

Исполнитель