Se ti non fuches aos mares Non sabes o que é pescar, Se ti non fuches aos mares Péscanse os muxes a paus, ai! E con croios os calamares, Con croios os calamares, Ailalelo, ailalala. RETROUSO Polo chisquirrischís e o diaño do chis, Pepiña de ti namorei. Polo chisquirrischís e o diaño do chis, Puxeches soíño o querer. E co chisquirrischís e o diaño do chis, Quixera de ti namorar. Ha de ser co chis-chis e o chisquirrischís, O chisquirrischís-quirrischás. Porque teño dúas mozas Miña muller enfadouse, Porque teño dúas mozas. Eu no me enfado con ela, ai! E mais ela ten dúas sogras, Mais ela ten dúas sogras, Ailalelo, ailalala. RETROUSO Habíaste de espantar-he Se te viras o que eu vin-he, Habiaste de espantar-he. Unha cadela con pitos, ai! Ai! Unha galiña ladrar-he Unha galiña ladrar-he Ailalelo, ailalala. RETROUSO