Lanchiña que vas en vela, Lanchina que vas en vela, Leva panos e refaixos Para a miña Manoela. Para a miña Manoela. Ai alelo ai aleloo, Ai alelo ai alelaa. Penedos de Pasarela, Penedos de Pasarela, Cando vos vexo penedos Mórrome de amor por el. Mórrome de amor por el. Ai alelo ai aleloo, Ai alelo ai alelaa. Viva quen sabe querer-e, Viva quen sabe querer-e, Viva quen no mundo pasa Penas por unha muller-e. Penas por unha muller-e. Ai alelo ai aleloo, Ai alelo ai alelaa. Dende Lira vexo Noia, Dende Lira vexo Noia, Vexo a ponte de Miñarzos, Vexo unha nosa señora. Vexo unha nosa señora. Ai alelo ai aleloo, Ai alelo ai alelaa.