Tocan a morto nas festas parroquiais: Non nos ha cansar a insuficiencia do real. E baixo este ceo que é de Rohypnol Quentaremos un chá con pílulas de ficción, E por exemplo eu son Phillip Marlowe de vocación Phillip Marlowe de vocación. E entre pluriemprego e aloumiños de cibersexo, Quero que me digas o mediodía que nos atopemos Que hai un misterio e un gin-tonic delator, Cando mudamos de pel e poñemos o chapeu. E xustamente ti es o libro aberto que quero ler O libro aberto que quero ler. E logo das rosas aínda máis cuncas de viño. Hai prezo por soñar se despois non dás esquecido. Non hai misterio, u-la tinta da nosa pel? Na botella haberá outra vida de papel. E así entre ti e máis eu escribiremos o longo adeus Escribiremos o longo adeus Escribiremos o longo adeus.