Temos perto o forno, que máis dá Vemos medrar o queique de masa nai Todo ao noso xeito, ti xa sabes como vai Sae o xenio no que os beizos piden máis Venres no teu piso de aluguer Tremen as especies máis unha vez Un paxaro na boca, unha boca na maré (Vai e vén) Outro vento move a Arca de Noé E quen puidera aínda salvarse pola fe Se o que máis nos pon de foder é abrazar Por que non deixar aberta unha ventá? Pero queima a sensación, un vestixio dos noventa Cause another baby is all that she wants Sábado na casa dos teus pais A novela turca Sácalle o sal E se soñas comigo vai ser case como estar A receita nunca é a dos demais (Primeiro tés que poñer unha pota pa botarlle agua) (E a agua ten que estar un pouco quente, un pouco, case nada) (E botas aí a auga) (E despois botas como media docena de guevos) (E remexes todo ben remexido e déixalo levedar unha hora) (Levedar e que esté quieto na pota) (E ti vas remexendo pa que vaia todo ben) (E se fai glovos xa está para facer a filloa) Se o que máis nos pon de foder é abrazar Por que non deixar aberta unha ventá? Pero a vida, corazón, pide cama de noventa Suxire outra letra e a mesma canción Ao mellor non acabamos ben Xa era difícil chegar á vez Multiplicámonos ao revés Xa era difícil chegar á vez Libre, libre quiero ser E non sei se algún día darei Libre, libre quiero ser E disme que un amigo tamén ♪ (Agora fáltache a filloeira) (Porque pa filloeira... a ver onde a vas buscar a filloeira) (Pero bueno, pero se cha ten un... un veciño ou cha presta)