Cruzádesvos na rúa de cando en vez Aínda é importante para ti Discos de ambient A mítica de Kraftwerk A man que fai soar o theremín Os ollos de Miles Davis no In a Silent Way Miraban o futuro desde alí Signos de aire Deixa que sangre Que volvan as avespas do país A vea que te acolle tan azul A cara que mereces e a que tes Di que te quere Pero entendedes Cousas diferentes por querer Que música escoitabas ti no 2001? Nostálxica nostálxica non es VHS World Trade Center Vaia supermartes foi aquel Pop, ciencia ficción Restos da era espacial Todos da man Cara ao volcán Esas trompetas que serán? ♪ Estamos no futuro, e agora que? O anxo da historia mira atrás Todo ten un ritmo Posapocalíptico De máscaras antigas e antigás Noite en Compostela: xa non hai ninguén Onde van as festas de mañá? Nos discos de vinilo Un bucle infinito Cos bicos que recibes e os que dás Só dous corazóns Na discoteca, sen bailar Xuntos da man Cara ao volcán Somos tormentas de verán Pop, ciencia ficción Restos da era espacial Todos da man Cara ao volcán Esas trompetas que serán?