Sei que ás veces custa comprender O xeito en que cada mortal Decide andar a súa vida Sei que ás veces unha decisión Convirte o feito máis vulgar Nunha coroa con espiñas Pode que a miña determinación E a túa mala educación Nos salven das velutinas Pode que a miña determinación E a túa mala educación Nos salven das velutinas Sei que ás veces custa admitir Que a elección do máis trivial Impide ver unha saída Sei que ás veces as contradiccións Despertan e botan a andar Para buscar a luz de guía Pode que a miña determinación E a túa mala educación Nos salven das velutinas Pode que a miña determinación E a túa mala educación Nos salven das velutinas A cada paso que das, A cada chanzo que subo, A cada folla que cae, Vida que vén do inframundo E fechas o meu capítulo nun verso, A resistencia e o regreso E así comeza unha vida nova Pode que a miña determinación E a túa mala educación Nos salven das velutinas Pode que a miña determinación E a túa mala educación Nos salven das velutinas Nos salven das velutinas Nos salven das velutinas Nos salven das velutinas