Eu non sei se será certo O que lin nunha revista Os maiores industriais Veñen da terra da chispa. Paragüeiro afiador Arranxo fontes e pretos Merco caldeiros de pote Como as vellas os farrapos. Miña nai tiña unha filla E uns vinte anos e pico Non a deixaba ter mozo Ata que viñera rico. Foiche chegar quen a tentou Un paragüeiro de Ourense Un paragüeiro de Ourense Con sinxeleza gañou. Ela ben o merecía Era unha moza elegante E a casiña ben feita I o lameiro por adiante. Falaron co paragüeiro Trataron o casamento I o sábado máis cercano Casaronse moi contentos. A súa casiña nova De cativos van encher Poñan tódolos sentidos Cando ven o anoitecer. Vira a roda e vota chispas Un mes e dous o terceiro Ata que notou que había Principios dun paragüeiro.