Kishore Kumar Hits

Ezetaerre - Pan cotiá текст песни

Исполнитель: Ezetaerre

альбом: Pólvora e Tormenta


Se perseguindo a utopía esgotamos o camiño
Abrázame por sempre como Maxi e Darío
Son moitos medos e mates compartidos
Seguiremos resistindo
Eu non son ninguén, non me podo comprender
Illado das que foron pra que agora poda ser
Renego de espexismos e contos de fadas
Creo en quen está coidando da barricada
Hoxe por ti, mañá por min, cando xa non quede nada
Sei onde estarás cando todo estea en chamas
Marcho coa loita, curar outras feridas
Fico agradecido no momento da partida
Pra despedirme como o Che
Camiño de Bolivia
Até sempre, compañeiras
Eu por vós darei a vida
Teño morriña de cidades nas que nunca estiven
E saudade de persoas das que nunca souben
Porque hai veces nas que non comprendes o que vives
Facemos música triste para tempos mellores
Cuspindo en cada verso todos os honores
Pra os colegas cos que sigo compartindo valores
O meu máximo respecto, deixádeme que chore
Deixádeme ver noutra gama de cores
Mozas indomables, la vida sense tu
Andábamos de troula dende a hora do vermú
Recordo desas noites, lugares comúns
Pintadas nos carreiros doutro tema tabú
Con ganas de soñar, de sorrir, de loitar
Pero sempre acompañado polas que non van fallar
Graciñas, merci, mila esker
Con xente coma vós só nos queda vencer
É nesas rúas sen saída, camiño ao teu carón
Xa non perdo batallas porque salvas a ilusión
Na rúa sen saída, camiño ao teu carón
Abrindo as alamedas nos estreitos canellóns
Cada ritmo e cada letra coa que nos sinceramos
Cada bico e cada aperta ao baixar dun escenario
Tantas as irmás que fixemos en tres anos
Tanto o que sentimos, tan difícil demostralo
Soldados da ilusión
Deixando a pel na guerra
Ergamos entre a dor
Un refuxio contra o mal, a nosa propia Edreira
Rir, cantar, sentir, chorar, falar, beber e agradecer
Viaxar, medrar, amar, errar, caer, perder, crecer, vencer
Grazas, camaradas, por facerme comprender
Que a alegría é un dereito, pero a loita é un deber
E sinto que non existen imposibles
Non o ves? Borraranse as cicatrices
O noso Paradiso está na xente que resiste
Con quen lembramos ser felices
بهالأوضة وَحدي ما عندي حدا
في كتاب ولوحة وفي صورة حدا
وموسيقى وحدة عم بتضلّ تعيد
وأصوات رفاق جاي من بعيد
تتلمّ الكلام من قلب الصّدى
وتعطيني قصيدة تإقوى من جديد
É nesas rúas sen saída, camiño ao teu carón
Xa non perdo batallas porque salvas a ilusión
Na rúa sen saída, camiño ao teu carón
Abrindo as alamedas nos estreitos canellóns

Поcмотреть все песни артиста

Другие альбомы исполнителя

100

2017 · сингл

Похожие исполнители

Atupa

Исполнитель