Miña nai, miña naiciña Non hai outra como a miña Que non comía o pan Por llo dar á súa filla Por llo dar a súa filla Aa lalalalalala Aa lalalalalaa Aa lalalala lela Miña nai, miña naiciña Que linda nai teño eu Vendeu o seu coletiño Para me merca-lo meu Para me merca-lo meu Aa lalalalalala Aa lalalalalalaa Aa lalalala lela Miña nai é unha rosa Eu son filla da roseira Como me hei de apartar Da rosiña que tanto cheira Como me hei de apartar Da rosiña que tanto cheira Ai alala ai alalaa Ai alala ai ala la la Ai alala ai alalaa Ai alala, ai alala Ai alala ai alalaa Ai alala, ai alala Miña nai cando se deita Sempre me repite o mesmo Que non quere que me case Que sen home me goberno Que non quere que me case Que sen home me goberno Ai alala ai alalaa Ai alala ai ala la la Ai alala ai alalaa Ai alala, ai alala Ai alala ai alalaa Ai alala, ai alalaa Miña nai quéreme moito Como a miña nai ninghuna Pois a pobriña non come Por me deixar boa fortura Ea ea ea Miña naiciña querida Vaste e deixasme quedar Non ves que sin ti túa filla Non se pode consolar Ea ea ea Ai laralalala, ai laralalala Ai laralala laralala laralalala Ai laralalala, ai laralalala Ai laralala laralala laralalala Ea ea ea