Kishore Kumar Hits

The Refrescos - Airiños, Airiños, Aires текст песни

Исполнитель: The Refrescos

альбом: Astarot


Sen ela vivir non podo, non podo vivir sen ela
E onde queira que vaia cóbreme unha sombra espesa.
Cóbreme unha espesa nube, tal preñada de tormentas,
Tal de soidás preñada que a miña ida envelena.
Levaime, levaime, airiños, coma unha folliña seca
Que seco tamén me puxo a callentura que queima.
Ai! Se non me levades pronto, airiños da miña terra
Se non me levais, airiños quizais xa non me coñezan.
Levaime, levaime, airiños, levaime onde me espera
Unha nai que por min chora, un pai que sin min n'aventa.
Irmán por quen daría, a sangue das miñas venas,
Un amorciño que en alma a vida lle prometera.
Se pronto non me levades, ai! Morrerei de tristeza,
Soio nunha terra estraña, onde o estraño me alumea.
Onde todo canto miro, todo me di estranxeiro.
Ai miña probe casiña! Ai meu puchiño vermello!
Non permitais que aquí morra, airiños da miña terra,
Inda penso que de morto ei de suspirar por ela.
Inda penso, airiños, aires, que despois de morto sea,
Pases polo camposanto onde enterrado me teñan.
Pases na calada noite, ruxindo entre as follas secas,
O murmuxar dos medosos, atrás tantas calaveras.
Ainda despois de mortiño, airiños da miña terra,
EIVOS DE BERRAR AIRIÑOS, AIRIÑOS, LEVAIME A ELA

Поcмотреть все песни артиста

Другие альбомы исполнителя

Похожие исполнители