Dime, dime onde estás Por que teimas en fuxir? Dime, dime onde vas Pois tiñas que estar aquí Non funciono igual sen ti Intento disimular Na sombra da túa ausencia Mais noto que algo me falta E sei que rapidamente Todo o mundo se decata ♪ Dime, dime onde estás Non xogues así comigo Ti sempre co teu vaivén Isto así non pode ser Non merezo este castigo Debo de recoñecer Que o noso non é perfecto Que moito non encaixamos Mais que só xuntas logramos Lidar con este universo ♪ Que faría eu sen ti? Aínda que pouco nos vemos Poñer todo do revés Sorrir unha vez ao mes Prender lume ao mundo enteiro A ti, bendita paciencia Eu dedico esta canción Con todo o meu corazón Agardando a que veñas