Dá saltos o meu corazón E embriágame a ilusión Por facer o meu camiño Seguir a miña intuición Mais, coma sempre, no mundo Contrapuntos ten que haber E algunha mala lingua Para darme algún revés E algún que outro golpe Para verme desistir Mais eu non me rendo Só estou cansada Que se fas, se non fas Que se deixas de facer Que se sabes para onde vas Sen saber de onde vés Canta, non cantes Faise todo tan pesado! Vou pasar de todo o mundo Vou coa música a outro lado Dá saltos o meu corazón E embriágame a ilusión Por facer o meu camiño Seguir a miña intuición Mais sei ben que esta vida Campo de rosas non é Miro ben por onde piso A ver se quedo sen pés Ou se molesto por ser como son Non teño medo Só estou cansada Que se fas, se non fas Que se deixas de facer Que se sabes para onde vas Sen saber de onde vés Canta, non cantes Faise todo tan pesado! Vou pasar de todo o mundo Vou coa música a outro lado Que se fas, se non fas Que se deixas de facer Que se sabes para onde vas Sen saber de onde vés Canta, non cantes Faise todo tan pesado! Vou pasar de todo o mundo Vou coa música a outro lado Vou pasar de todo o mundo Vou coa música a outro lado Vou pasar de todo o mundo Voume refuxiar no fado
Tudo isto existe Tudo isto é triste Tudo isto é Fado