Fómo-los nenos que corrían coma tolos Detrás dun balón destrozado Eramos anxias de facianas desafiantes Amos dos descampados Sempre rifando, facendo falcatruadas Guindando pedras aos tellados Cativos ceibes, fachendosos, malcriados Xamais axeonllados Fomos heroes con dez anos Moito mais que amigos, irmáns! Sen termos tempo nen prá igrexa, nen prá escola So prá aventuras e batallas Aos castiñeiros gabeamos coma gatos Cada pola é unha espada Rachando mitos na procura de pecados Amolando sempre ás rapazas Sendo uns mocosos, mentireiros, deslinguados Algunha hostia levabas Fomos heroes con dez anos Moito mais que amigos, irmáns! ♪ Fomos heroes con dez anos Moito mais que amigos, irmáns!