Madrugada, o porto adormeceu, amor A lúa abanea sobre as ondas Piso espellos antes de que saia o sol Na noite gardei a túa memoria Perderei outra vez a vida Cando rompa a luz nos cons Perderei o día que aprendín a bicar Palabras dos teus ollos sobre o mar Perderei o día que aprendín a bicar Palabras dos teus ollos sobre o mar ♪ Veu o loito antes de vir o rumor Levouno a marea baixo a sombra Barcos negros sulcan a mañá sen voz As redes baleiras, sen gaivotas E dirán, contarán mentiras Para ofrecerllas ao Patrón Quererán pechar cunhas moedas, quizais Os teus ollos abertos sobre o mar Quererán pechar cunhas moedas, quizais Os teus ollos abertos sobre o mar ♪ Madrugada, o porto despertou, amor O reloxo do bar quedou varado Na costeira muda da desolación Non imos esquecer, nin perdoalo Volverei, volverei á vida Cando rompa a luz nos cons Porque nós arrancamos todo o orgullo do mar Non nos afundiremos nunca máis Que na túa memoria xa non hai volta atrás Non nos humillaredes nunca máis ♪ Ra-ra-rai, ra-ra-ra, ra-ah-ah-ah-ah-ah Ai, rai-ra Re-ra-ru, ra-ra-ri-ro-ra-ri-ro, ra-re-ra Ra-ra-ri-ra-ri-ro-re-ra-ra Ri-ra-ra, ri-re-ro re-ra-ri-ro Non nos humillaredes nunca máis