Se queres que te queira Quéntame o mirar, Encende a pel da noite, Térmame, puñal. Á miña porta levas Mans pra me abrir, No centro do teu nome Dígoche que si. Nos labios unha rosa Pro meu caravel, Que se revolve en febre Cando te vou ver. Se queres que te queira Dáme de beber, Regueiro de auga doce, Morte do porqué.