Compañeiro Daniel de vida innumerable Como os astros do ceo i os camiños do mar Na tenebrosa noite da patria inhabitable Témoste no recordo con mao á luz alba. A ti falo Daniel morto lonxe da terra Es noso i a túa luz alumea a escuridá Que nos deixou a historia de tres anos de guerra En que os lobos mataron a luz e libertá. Compañeiro Daniel, as pistolas sonaban I enloitaron cunetas con sangue loitador As pistolas sonaban e os panbidos berraban A terrible victoria do odio e do terror. E ti fúcheste lonxe predicar no deserto Pra erguerdes un exército que endexamais loitou E morriches un día sin veres entreaberto O camiño da volta que a túa ialma soñou. Pro na Patria abatida e do pobo explotado Nacimos nós os fillos da morte e do tristén Perjurando furiosos vinganza e novo Estado I unha roxa alborada sin cabo nin comén. I a ti bo compañeiro que o furacán aleibe Matou desesperado na outra banda do mar Prometémosche a terra dunha Galicia ceibe Pra enterra- los teus ósos onde teñen que estar. Prometémosche a terra dunha Galicia ceibe Pra enterra- los teus ósos onde teñen que estar. Prometémosche a terra dunha Galicia ceibe Pra enterra- los teus ósos onde teñen que estar.