Hai unha illa loubada Alá no fondal do mar. Ten bois da color do tempo E pastoras de cristal. Ten un río de paxaros Que desemboca en canción. Paxaros mornos de illa Con os seus niños no sol. Ten lúa nova e crecente I ollos pra decir ai lá! A boca tena pechada Para vendimas de sal. E ten un cabelo novo, Ai amor! qué pelo ten. Cheiro profundo de alga E sabor limpo de mel. Hai unha illa loubada Alá no fondal do mar. NAVEGADA de luceiros Na noite nácelle o van.