Kishore Kumar Hits

A Quenlla - Aquí текст песни

Исполнитель: A Quenlla

альбом: 30 Anos con A Quenlla. De Amor, Dor e Loita


Imos estando por aquí
Levamos séculos aquí,
Neste sen norte.
Con esta fala i este ser
Con este eterno escurecer,
Con esta noite.
Vimos do fondo de vagar
Sen intención de renunciar,
Ás madrugadas.
E seguiremos por aquí
Eternamente por aquí,
Fato de mentes aluadas.
Pois procuramos unha luz,
A nosa historia e esa luz,
Que non se apaga.
A luz de ser chegando a ser
Un camiñar de pobo e fe,
En alborada.
I arredaremos dunha vez
O voso noxo o voso fel,
Que nos desnorta.
O voso odio cara nós
Odio tamén de vós pra vós,
Guerra de idiotas.
A matria clama corazón
En liberdade na razón,
Do sufrimento.
Vós reclamades pervivir
No privilexio de esixir,
Sometemento.
Nada vos queda por facer
A vosa teima fai crecer,
A nosa loita.
Sempre volvemos renacer
Sempre xurdimos outra vez,
Tras mil derrotas.
E aquí estaremos ó final
En pé de matria comunal,
Coa luz á porta.
Con esa luz que nos negou
Tanta mentira que borrou,
A nosa historia.
Imos estando por aquí
Levamos séculos aquí.

Поcмотреть все песни артиста

Другие альбомы исполнителя

Похожие исполнители

Ialma

Исполнитель