Cando cheguen os tempos non chegados, Cando canten as mans traballadoras, Nas - manceiras dos arados, Nas salgadas redes pescadoras. Galicia ceibe tallará o teu nome Nas alturas do Pórtico da Gloria. Pra que falen os anxos con un home Que leva a patria enteira na memoria. Unha nova Galicia sen cadea Que non exportará máis sangue ó mar, Nin asoballará unha man allea, No peito arrolará teu soño, irmán. Galicia ceibe tallará o teu nome Nas alturas do Pórtico da Gloria. Pra que falen os anxos con un home Que leva a patria enteira na memoria. Unha Galicia nova de mañán Que xa ven alboreando e xa clarea No peito arrolará teu soño, irmán, Non o asoballará unha man allea. Galicia ceibe tallará o teu nome Nas alturas do Pórtico da Gloria. Pra que falen os anxos con un home Que leva a patria enteira na memoria.