Kishore Kumar Hits

Fuxan Os Ventos - Foliada De Olas текст песни

Исполнитель: Fuxan Os Ventos

альбом: Sementeira


Zapatos de chiculate
Tenos a miña cadela
Pra leva-las ovelliñas
ás feiriñas de Nadela.
Aló ven o gaiteiro
Por detrás do pinar
Hastra os pinos lle axudan
á gaitiña a tocar.
Indo eu pra non sei donde
Vendo eu a non sei quén,
á porta de, xa me entendes...
Non me poido acordar ben.
Andivecheste alabando
Polos muiños moendo,
Que te casabas comigo
E iso era en eu querendo.
A rula vaise queixando,
Que lle levaron o niño,
Que che mandou facer rula
Tanto á veira do camiño.
Algún día ben pensaches
Do meu corazón ter froles.
Agora vai ós codesos,
Que chos hai nos arredores.

Поcмотреть все песни артиста

Другие альбомы исполнителя

Похожие исполнители

Ialma

Исполнитель