No pendello que hai xunto ó camiño Hoxe as 12 da noite naceu Un meniño pequeniño Que parece do ceo caeu Un meniño pequeniño Que parece do ceo caeu. Entre o bafo de dous animales Pois o pobre cubertas non ten Nin señales de pañales Para tapalo do frío se ven Nin señales de pañales Para tapalo do frío se ven Levareille logo este mantelo Anque a fellas boa falla me fai E un roxelo de botelo Para que faga bos caldos súa nai E un roxelo de botelo Para que faga bos caldos súa nai Levareille tamén esta pita Pois é o neno máis guapo que eu vin E a cabrita máis bonita Que para el no cortello escollín E a cabrita máis bonita Que para el no cortello escollín