Kishore Kumar Hits

Ruxe Ruxe - Ás Escuras текст песни

Исполнитель: Ruxe Ruxe

альбом: Fervendo


Aquí abaixo ás escuras
Magoan as feridas
E vai morrendo a esperanza
Fronte ós puntos de mira...
Aquí o vento é un preso,
A liberdade mentira,
E o alimento é a miseria
Que lles sobra ós de arriba...
E nunca para o traballo
Na fábrica de escravos
Cos grillóns nos nocellos,
Con cadeas e cravos.
E a multinacional
Mentres vende ataúdes,
E é un ben capital
O enterro dos pobres...
E non sei cara a onde
Levarán estes pasos,
Se comeza o combate
Que pintan estes trazos.
E eu hei morrer matando
Antes que estar calado,
Ante esta escuridade
Que me está consumindo...

Поcмотреть все песни артиста

Другие альбомы исполнителя

20"

2016 · альбом

Похожие исполнители

Ialma

Исполнитель