O día do enterro de Antón de Vilaxán Foille morder ó crego o demo do seu can, Deulle catro dentadas debaixo da sotana, E Antón de Vilaxán quedou sen enterrar. ...cando o demo non ten nada que facer, Vaiche sachar os nabos antes de nacer... O meniño Manel ía xurar bandeira, E cedo pola mañá prendeu lume no cuartel, Prendeu lume no cuartel, prendeu lume na bandeira, Que demo de rapaz o meniño Manel. ...cando o demo non ten nada que facer, Vaiche sachar os nabos antes de nacer... Catro vellos labregos foron a pescar, Unha fermosa serea ó medio do mar, Unha linda mociña para se namorar, Pero ningún dos catro sabía navegar.