Na corredoira do inferno sinto o frío do inverno, E as criaturas do averno danme xinebra e tabaco. O rock&roll crucificoume, o whisky foi o meu pecado, E ata o demo se pon firme cando me ten ó seu lado. NA EIREXA DO SAN MARTIÑO, EU PERDINME NO CAMIÑO... Ennegrecín os meus pulmóns cada noite no almanaque, E durmitei os meus sentidos deitado na herba do parque. Queimei todos os aforros, paseei todos os vicios, E arruinado e sen traballo, convertinme nun borracho. NA EIREXA DO SAN MARTIÑO, EU PERDINME NO CAMIÑO... Escapei coma do lume, fuxín do teu velo branco, E agardándome no altar os teus ollos moito choraron. E o crego deume o seu responso cando non tiña remedio. Porque agora en vez de voda celebrouse o meu enterro.