Kishore Kumar Hits

Sokram - Vacas текст песни

Исполнитель: Sokram

альбом: Chuvia Ácida


Cantas vacas tes? - x8
Cantas vacas tes?
Cantos pares de zapatos?
Cantos centos de farrapos que puxeches só unha vez?
Cantas vacas tes?
Cantas granxas virtuais?
Cantos amigos no facebok che axudan cando caes?
Cantas vacas tes?
Cantos cartos tes no banco?
Canta chofla che chufa ó final de mes ese contrato?
Cantas vacas tes?
Cantos traxes tes no armario?
Cantas pollas chupaches pra ser seudofuncionario?
Canto queres? Desta viaxe sen retorno
Eu quero chegar a vello sen perde-los meus recordos
Teño fe en que o que fago ten sentido
Inda que me trabuque mil veces e ás veces quede fodido
E teño tino... Que teño tino!
Pero non podo pecharlle as portas ó meu destino
Sería un autotimo, coma a sociedade na que vivimos
Cantos bancos inventan os cartos pra prestalos?
Cantas vacas tes?
Cantos tipos de aparatos?
Cantos centos de cacharros que só usaches unha vez?
Cantas vacas tes?
Cantos chulos te papaches?
Cantos rollos dunha noite que despois aborreciches?
Cantas vacas tes?
Cantas camas ten o barco?
Canta pasta te gastas no muelle ó final de ano?
Cantas vacas tes?
Canto invirtes en salarios?
Como repartes os beneficios? Dime ti empresario
O pracer de facer isto non ten prezo
Como non o ten dicir que o que penso desos necios
Con todo o desprezo que merecen
Aqueles que se crecen dicindo memeces
Parece que se estremecen cando se topan coas súas trece
Poden ver de que carece, de que padece, ver como reloce
Pese a quen lle pese, ladre quen ladre, en todos 'laos' cocen
Eu son un super can, non o podo evitar e sufro
Esborro, e así todo o tempo coma un condensador de flufo
Disimulo, pero nótaseme, non o podo evitar, gústasme
Como que este ritmo pídeme, que solte unha tras outra, dime (dispárame!)
Rima tras rima por riba da tarima voume facendo meirande
Entrando no trance, libérame! das miñas cadeas
Poño en punto de ebullición o sangue que me corre polas veas
Pois non hai nada máis valioso que aquelo que non se pode ver nin tocar, por iso os que están 'forraos' sempre queren ter máis sen parar, e o amor é algo que hai que cultivar!
'Aquel que todo lo quiere' nunca o poderá desfrutar nin mirar
Nin sequera admirar
Se algún día consegue velo seguro que o tentaría mercar
Ei manda carallo! Manda truco na Habana!
Eu quero ser libre coma o software de Richard Stallman
Compartir, repartir a miña música sen fin
Vamos ata o fin da terra, isto non remata aiquí! - x2
Cantas vacas tes?
Cantas horas de traballo?
Canto tempo currando desexando que pase o horario?
Cantas vacas tes?
Cales son, dime, os teus fins?
Sintes paixón co que fas, ou só fas o que che din?
Cantas vacas tes?
Ti que entendes por precario?
Valoras no que traballas ou só che importa o salario?
Cantas vacas tes?
Cantos días libres ó ano?
Eres ceive co que fas ou falo pra poder selo?
(Canto queres?).

Поcмотреть все песни артиста

Другие альбомы исполнителя

Похожие исполнители