(Octavio Paz escribiu hai moitos anos Unha frase que me ía servindo de bandeira, Entre a negra e a vermella: "La revolución Que viene es la fiesta, el principio del principio Que regresa". Pero agora creo que xa non lle Interesa o pincipio dese regreso. E Podo pervertirlle a súa frase: "A Revolución Que ven é a de Chiapas, as víctimas maias Do principio que se rebelan, regresando a Un futuro desexado..." Todos somos Marcos! Todos EZLN, nas selvas Lacandonas do que Nos foi prohibido!...) Amor e sangue en Chiapas Ando á procura dunha ollada súa Que me confirme a fe que teño nela E avanzo a cegas coa maior firmeza Noutra rebelión xusta que interna Ando á procura dunha ollada súa Que me confirme a fe que teño nela E avanzo a cegas coa maior firmeza Noutra rebelión xusta que interna Nunha urxente esixencia de certezas Para este corazón rebelde e zapatista Obrigado a loitar polo evidente Cunha serea furia Antiga e sabia Desde o amor que resiste ó que o reprime Con ela por compaña como antes Ou eu só ben armado de nostalxias Deixareime invadir de sangue maia Para que retorne á súa propia terra Ou consiga vivir outras mil vidas En loita contra o mundo Se é preciso Crebándolle o pescozo e desviando á historia do seu curso Xunto coas mesmas víctimas De sempre. De sempre. Xunto coas mesmas víctimas De sempre. Ando á procura dunha ollada súa Que me confirme a fe que teño nela E avanzo a cegas coa maior firmeza Noutra rebelión xusta que interna Ando á procura dunha ollada súa Que me confirme a fe que teño nela E avanzo a cegas coa maior firmeza Noutra rebelión xusta que interna "Aquel que o movia entre as bandeiras Vermellas e as negras Significaba un punto de equilibrio. Esa fermosa revolta, utópica, E con tanto futuro, Como a de Chiapas, Mesturando a miña propia postura ante a vida, O meu propio amor pola vida E polas persoas, Cun xeito que me parecía Dos máis dignos, para intentar Cambiar as cousas. Nunha urxente esixencia de certezas Para este corazón rebelde e zapatista Obrigado a loitar polo evidente Cunha serea furia Antiga e sabia Desde o amor que resiste ó que o reprime Con ela por compaña como antes Ou eu só ben armado de nostalxias Deixareime invadir de sangue maia Para que retorne á súa propia terra Ou consiga vivir outras mil vidas En loita contra o mundo Se é preciso Crebándolle o pescozo e desviando á historia do seu curso Xunto coas mesmas víctimas De sempre. De sempre. Xunto coas mesmas víctimas De sempre. De sempre. Xunto coas mesmas víctimas De sempre. Ando á procura dunha ollada súa Que me confirme a fe que teño nela E avanzo a cegas coa maior firmeza Noutra rebelión xusta que interna Ando á procura dunha ollada súa Que me confirme a fe que teño nela E avanzo a cegas coa maior firmeza Noutra rebelión xusta que interna Contra o mundo, Contra o mundo. En loita contra o mundo se é preciso. Contra o mundo, Contra o mundo, Contra o mundo, Contra o mundo, Contra o mundo. En loita contra o mundo se é preciso. Crebándolle o pescozo e desviando á historia do seu curso Xunto coas mesmas víctimas De sempre, De sempre. Lois Pereiro, poeta do underground Aquí presente.