Kishore Kumar Hits

Som do Galpóm - A Piques de Estoupar текст песни

Исполнитель: Som do Galpóm

альбом: Galinha de Troia


Vai pasando o tempo,
Cada noite sigo esperto
Entre liñas, entre rimas
En continuo movemento.
Como as horas que se van
E sobran argumentos
Para saír correndo
Deste mundo de cemento.
Onde todo o que soño,
Onde todo no que penso,
En todo o que compoño
Se converte en pesadelo.
Inconforme co que son,
Ninguén que me soporte,
Tampouco demostrei
Que haxa algo que me importe.
De verdade o recoñezo
Non teño perdón
E acudo cada día
A escribir outra canción.
Que me mostre unha saída
Saír desta prisión,
Escaparme do tormento,
Da tormenta desta dor.
Cando falo non escoito,
Cando escoito non me calo,
Vivindo no presente,
Pensando no pasado.
Cando falo non escoito,
Cando escoito non me calo,
O que digo, o que penso
Porque penso demasiado.
Cando falo non escoito,
Cando escoito non me calo,
Vivindo no presente,
Pensando no pasado.
Pensando no pasado...
Case sempre meto a pata
Perdido entre palabras
Que quixeron ser sinceras
E non sirven para nada.
Boto en falta o silencio,
A luz dunha mirada,
Debaixo deste foco
Non recorda a miña cara.
Vexo un vello nun espello
Pero non me recoñezo
No reflexo que me di
Que xa non son un neno.
O dano xa está feito,
O corpo está desfeito,
Na noite son noticia
E no día son inverno.
Produto do trastorno nocturno,
Non teño rumbo,
As noites son fugaces
E non duran un segundo.
O flexo sigue aceso
Mentres vai saindo o sol
Que me lembra que me deite,
Outra noite que pasou.
Cando falo non escoito,
Cando escoito non me calo,
Vivindo no presente,
Pensando no pasado.
Cando falo non escoito,
Cando escoito non me calo,
O que digo, o que penso
Porque penso demasiado.
Cando falo non escoito,
Cando escoito non me calo,
Vivindo no presente,
Pensando no pasado.
Pensando no pasado...
Pensando no pasado...
Pensando no pasado...

Поcмотреть все песни артиста

Другие альбомы исполнителя

Похожие исполнители