Escoito o zoar do vento no mar E voces dun tempo que non voltará Hai unha luz que sinte os teus latexos Non sintas medo se chega o final Érguete forte na luz de Breogán ♪ Lembranzas dun verán, infancia bendita Campos traballados con forza e suor Xogando sempre ó pé dos carballos Nun mundo máxico sen redencións Vellos traballando de sol a sol ♪ Festas do pobo, día sinalado Mozas e mozos agardan beillar Entre a xente alguén buscando A das trenzas loiras con ollos de mar Sempre presente a luz de Breogán ♪ E voarán anduriñas nos eidos Na primaveira da flor E soarán as gaitas e os pandeiros Sentimos dentro a nosa tradición Sempre máis libres e cada dia mellor ♪ E voarán anduriñas no vento Na primaveira do amor E voltarán os nosos sentimentos Que nunca perdemos, sempre irán con nós Así é a nosa nación ♪ Escoito o zoar do vento no mar E voces dun tempo que non voltará Esta vida sinte os teus latexos Sempre presente na luz de Breogán ♪ Tardes de verán infancia bendita Campos traballados a forza e suor Xogan os nenos na rúa E os vellos traballando de sol a sol Voces dos druídas no vento Aclaman o nome de Breogán Prendeu a chama xa hai tempo E non parará, xamais Morren os pais medran os fillos Na terra celta galaica do mar Avanzar cara adiante na vida Sempre buscando a luz de Breogán