(Non falemos dos bobos Que tódolo adeprenden nos libros. Non falemos dos parvos Con cara de domingo; Nin dos sapientes memos, Nin dos túzaros listos, Nin do eterno mal gusto Dos probes novos ricos). Falemos de tí e min Xa que vivimos. Tí i eu nos ventos E nos solsticios. Tí i eu nos bosques E nos ríos. Tí i eu, historia De corpos nidios. Tí i eu, saudade De álbores íntimos. Tí i eu sin tempo Polo tempo que imos. Tí i eu cantando, Chorando e rindo. Tí i eu nos ventos E nos solsticios. Tí i eu nos bosques E nos ríos. Tí i eu, historia De corpos nidios. Tí i eu, saudade De álbores íntimos. Tí i eu sin tempo Polo tempo que imos. Tí i eu cantando, Chorando e rindo. Cicais mañá Cando a miña mirada Non abrolle na luz Como cativa mapoula de auga, Veña a soedade. Pero hoxe canto en libertá E mentras canto Non estou isolado, Que o corazón vai comigo E con il falo. Beberei a paisaxe Nun amencer de lirios. As campanas do mar Nos ventos fuxidíos. Cada intre un paxaro, Cada pulso un latexo. Unha espada de chuvia Cortando a frol do vento. Vivirei coma o lume Alcendido na noite. Terei cumios de estrelas, Cantarei para os homes. Tí i eu nos ventos E nos solsticios. Tí i eu nos bosques E nos ríos. Tí i eu, historia De corpos nidios. Tí i eu, saudade De álbores íntimos. Tí i eu sin tempo Polo tempo que imos. Tí i eu cantando, Chorando e rindo. Tí i eu nos ventos E nos solsticios. Tí i eu nos bosques E nos ríos. Tí i eu, historia De corpos nidios. Tí i eu, saudade De álbores íntimos. Tí i eu sin tempo Polo tempo que imos. Tí i eu cantando, Chorando e rindo.