É que foi que foi, que foi que será? Din que temos lingua será verda' E será verda' (bis) Sacalla pra' fora, nona' agoches máis. Xa levábamos ben tempo fodidos por dende anos Con aquilo de que había que fala-lo casteghano (bis) Pero o pobo nunca quixo que lle trocaran a fala Dicindo que a sua é boa e que a nosa é a mala (bis) É que foi que foi, que foi que será? Din que temos lingua será verda' E será verda' (bis) Sacalla pra' fora, nona' agoches máis. Moito traballiño deu-e que triunfara a razón-e Pra' poder usa-la lingua que nos sae do corazon-e (bis) Agora que xa podemos con liberdade empregala Non lla falamos as nenas, non sexa que saian parbas (bis) Usana na vila e no Corte Inglés Usamola sempre, como ten que ser Usaa o tío Xan e o avó Miguel Usadela todas, usaa ti tamén Que se a nosa terra, nosa fala tamén-e Mira ti se somos ricos, inda que alghún non se entere (bis) E asi quen sei que che diga que non lle gusta o galego Ti dille: "non te preocupes, Que por ti xa o falo eu-e" Pero é inda boa verghoña non sabe-lo que é de teu Votalle-la xa, faino rabear Con todo o dereito queremos falar Dique que non foi como eles din Que en galego siempre quixemos vivir Votalle-la xa, faino rabear Con todo o dereito queremos falar Dique que non foi como eles din Que en galego siempre quixemos vivir Que en galego agora queremos vivir!!