Eu non sabía que había Tanta alegría nas bágoas Nin neve nas bidueiras Nin esperanza nas mágoas. Eu de noite iría de noite, No medio do temporal. Ir de día á luz do día Dáme medo, miña nai. No fondo do teu ollare Unha gamela abanea. Quen se poidera afogare Na ardora dunha misteira. O que eu soño é verdade Como o silencio é un falare. Se roubei o teu retrato Foi pra aprender a mirare.