Chega a sombra da especulación Os edificios taparán o sol Chega o cheiro do capital Chega a morte do litoral Un pobo, unha xente, Unha forma de vivir Dignidade solidariedade. Vamos botalos de aquí Que foi da merda do prestige Unha nova ameaza chega aquí Tratase dunha marea gris Que contamina a nosa forma de vivir Hoteles, edificios, Residencias de verán Restaurantes, discotecas, E máis centros comerciais Ho, ho. por que hai xente sen casa Ho, ho. e casas coas persianas baixas Ho, ho... que sempre están pechadas Ho, ho... Semella unha vila pantasma. O turismo que chega aquí, Esta baleiro de riqueza cultural, Buscan as praias no verán, E no inverno unha estación de esquí, Trens, iates, descapotables E unha estética moi chic E os seus cartos caen dos petos Dos caciques do pobo de Carpín Ho, ho. por que hai xente sen casa Ho, ho. e casas coas persianas baixas Ho, ho... que sempre están pechadas Ho, ho... Semella unha vila pantasma. Chega a hora de facernos respetar Chega o día no que non imos calar Politicuchos tedes que emigrar As rúas berran caciques nunca máis Ho, ho. por que hai xente sen casa Ho, ho. e casas coas persianas baixas Ho, ho... que sempre están pechadas Ho, ho... Semella unha vila pantasma