Kishore Kumar Hits

Dakidarria - Lume e Gasolina (Live) текст песни

Исполнитель: Dakidarria

альбом: De Cuncas e de Mar (Live)


As estradas da nosa revolución
Están pintadas con cancións de ilusión.
Que as agullas do reloxo
Non borrarán.
É un camiño para muda-la realidade,
é o berro rebelde que necesita.
Forma de vida sufrida e atrevida,
Lume e gasolina.
Disparándolle a sociedade
Día tras día,
Cantándolle á liberdade.
Ti que miras?
Axitación, sublevación, acción
E bo humor para poder seguir
Pisando gas a fondo.
Kilómetros de vida,
Hoteis e escenarios
E ó mirarte ós ollos comprender
Que son espello
Da nosa forma de vivir
Cancións embelenadas
Cantamos pra o combate,
Cantamos para ti.
As nosas trincheiras
Serán as autoestradas
Que nos achegarán máis a ti.
Apuntar e disparar ó que soa mal.
Sen pólvora e sen gas
Faremos explotar
Bombas de imaxinación.
Novo camiño que se abrirá,
Ninguén nos poderá parar.
Cando o sistema
Xa non responde
é necesario reiniciar.
Forma de vida sufrida e atrevida,
Lume e gasolina.
Disparándolle a sociedade
Día tras día,
Cantándolle á liberdade.
Ti que miras?
Axitación, sublevación, acción
E bo humor para poder seguir
Pisando gas a fondo.

Поcмотреть все песни артиста

Другие альбомы исполнителя

Похожие исполнители