As feridas cicatrizan Fisicamente xa non te doen Pero sempre queda marca Na túa pel e no corazón A memoria é a historia Da nosa xente, do noso pobo Moito máis alá dos libros Que os gañadores puideran escribir Era tempo de esperanza De ve-la terra colectivizada Educar en igualdade E compromiso popular Era tempo de vitoria Era o momento do cambio En busca dun mundo máis xusto E doutra forma de repartir Saía o sol de pronto Ante a humanidade Pero aquel tempo mudou Negras tormentas E nubes escuras nos aires Afogaron a revolución ♪ Resistencia guerrilleira Plantando cara ó inimigo Foron milleiros de almas Que non debemos esquecer Unha longa noite de pedra Corenta anos de escuridade Despois chegou a "democracia" E os asasinos seguen hoxe no poder O sentimento dun pobo Ferido e torturado Segue aumentando o rencor Por máis que digan Que aquelo foi cousa do pasado Aínda sentimos a dor Non esquecer a tantos mortos Que nos deron lumbres Non esquecer aquel sol E así colle-los seus fachos E prende-la fogueira Daquela revolución