Pandeiro de catro esquinas Non se toca cunha man Faino a miña cuñada A muller do meu irmán. Este pandeiro que toco Non é meu que é de María Que llo pedín emprestado Para ir á romaría. Toca pandeiriño toca Se non heite de cribar Na banda de alá do río Nunca quixeches tocar. Este pandeiro que toco Por moito que repenique Non teñas medo que rache Que é de coiro de cacique. Vou a dar a despedida E non é pra me marchar é para dar o pandeiro A quen o queira tocar.