Adiantarse á queda do rival non é fuxir. Adornar as verbas no final non é mentir Cando a banda xa non toca máis hai que marchar Ou perfilar un plan de araque para se se rebelar. Proseguir coa usura do traidor non é de lei O perdón non é derrota, conceder non é ceder. Provocar o pánico do rei coa subversión Non é máis que a consecuencia necesaria da razón. Non pido tregua ao mundo cruel Arrastro o peso deste ser é inadecuado aseverar Que quedo coxa se te vas Inclinarse cara ao vicio non é sucumbir. Ser feliz na dependencia non é malvivir. Dar a boa noite ao día en tempos de non ter é gañar puntos de vida a risco de morrer. Discernir a irrealidade non é tolear. Subornar unha conciencia non é reinsertar. Cando o obxecto da presenza é a anulación O diaño chama aos lúcidos á rebelión.