Kishore Kumar Hits

Jorge Casal - Sete Chorares текст песни

Исполнитель: Jorge Casal

альбом: El Pulso Fuerte


Veño arrimado a unha pena,
Traigo tristura na voz,
No máis escuro dos días
Colléume a noite no albor.
Unha rúa de pedra mollada,
Tan só hei de vagar
Co alento dunha naiciña
Que me fala querendo chorar.
Teño un silencio bagoado,
Nas veas un lume rabiado.
Non me gardes no olvido
Que no seo me levas contigo.
O alento dos beizos da alma
Quixo tecer un amor
Envolto en ventos de auga.
Tremendo as miradas,
Xemendo o ruído
Da man dun trebón.
Tatuada no peito a lisura violenta
Desde amencer farto de bágoas de ferro,
Eu morro por ela e sen ela xa vivir non quero.
Deixar de min quixera
Nesta beiriña do mundo
Esta dor que me enterra no mar máis profundo.
Ca morriña nos ollos,
Na gorxa o inferno,
Pra min non hai maio,
Pra min sempre é inverno.

Поcмотреть все песни артиста

Другие альбомы исполнителя

Похожие исполнители